O Deportivo presenta a Mulattieri e busca un dianteiro para cerrar o plantel
O club confirmou a cesión con opción de compra do dianteiro do Sassuolo italiano

Samuele Mulattieri xa é, oficialmente, novo dianteiro do Deportivo. O xogador chega cedido polo Sassuolo, da Serie B italiana, e cunha opción de compra obrigatoria no caso de ascenso a Primeira División. Mulattieri (24 anos) destacou con 9 goles o ano pasado no Sassuolo co que conseguiu o ascenso á Serie A. Consciente da competencia que ía ter na máxima categoría decidiu aceptar a oferta do Deportivo a probar sorte noutro campionato.
🎼 𝘖𝘱𝘦𝘳𝘢 𝘥'𝘢𝘳𝘵𝘦 pic.twitter.com/xJGKuRA5O3
— RC Deportivo (@RCDeportivo) August 26, 2025
Aínda quedan seis días para o peche do mercado pero o cadro coruñés traballa para facer un último movemento. Tería que darse unha condición, a saída de Bouldini. No caso de producirse, chegaría outro efectivo ao ataque coruñés e o desexado é o dianteiro do Athlétic Urko Izeta. Autor de doce goles o ano pasado no Mirandés, Izeta cumpre o perfil que quere o Dépor. Pero trátase dun xogador con moitas noivas e ofertas, mesmo de conxuntos de Primeira División. No Athlétic tamén vai ter complicado gozar de continuidade e a posibilidade de saír é moi forte.