Mrsic sobre Justin Anderson: "Está moi ilusionado e nós, moi contentos"
Aínda se descoñece se o xogador americano poderá xogar en Málaga
Justin Anderson (1,98 m e 29 anos) é a aposta de Breogán para mover a árbore, aleiro estadounidense con 242 partidos na NBA. Aínda se descoñece se o xogador de Virginia poderá xogar en Málaga, mentres no Pazo corre présa polas urxencias.
É un xogador de gran potencia física, intenso, bo tirador, con velocidade para transicións e con capacidade para xerar os seus propios lanzamentos desde diversas posicións. Pode polas súas características defender a xogadores exteriores e interiores. Mrsic, valorou a nova incorporación.
"Foi 'drafteado' en 2015 por Dallas. Eu estaba na liga de verán".
"É un xogador completo. Hai que ver como está fisicamente".
Na tempada 21/22 xogou en NBA con Cleveland e Indiana, alternando neste último con G-Ligue.
"Está moi ilusionado e nós, moi contentos".
O Breogán xoga esta fin de semana en Málaga.