Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mrsic pide máis "guerreiros" para atacar na véspera da estrea do Breogán na BCL

Mrsic pide máis "guerreiros" para atacar na véspera da estrea do Breogán na BCL

Os lugueses teñen unha cita coa historia este mércores, cando reciba o Bursaspor turco

O encontro poderá verse en directo na G2 e en g24.gal/deportes

Foto @CBBreogan
G24.gal 17/10/2023 11:41 Última actualización 17/10/2023 11:47

O Breogán ten unha cita coa historia este mércores, cando recibirá o Bursaspor turco (20:30 horas, Pazo dos Deportes) na primeira xornada da Basketball Champions League (BCL).

A pasada campaña xogou a previa desta competición, pero apeouno o FMP Meridian de Belgrado —o anfitrión— no primeiro partido (76-64). O Breogán abrirá o lume contra o Bursaspor turco. O club otomán é novo —foi fundado no ano 2014— e é o segundo equipo de baloncesto de Bursa, tras o Tofas, un habitual nas competicións europeas de menor rango e cun palmarés destacable no torneo doméstico.

Mrsic sinalou os aspectos que hai que mellorar.

"Temos unha identidade como Lugo. Temos unha muralla moi ben construída. Defendemos ben".

"Temos que saír da muralla e ter guerreiros para atacar"

Bursa, cidade situada no noroeste de Turquía, é a cuarta urbe máis poboada do país, con algo máis de tres millóns de habitantes, e unha das máis industrializadas.

O próximo rival breoganista está adestrado polo esloveno Jure Zdovc, un xogador cun palmarés extraordinario dentro da lendaria Iugoslavia de Petrovic, Divac, Paspalj, Kukoc, Radja, Perasovic..., campioa do mundo en Arxentina 90.

O encontro poderá verse en directo na G2 e en g24.gal/deportes

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar