Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán cae con rotundidade en Xirona (103-80)

O Breogán cae con rotundidade en Xirona (103-80)

A diferenza de agresividade e o acerto foron clave

Os cataláns xa mandaban por 30 puntos ao descanso

Foto: @BasquetGirona
G24.gal 06/12/2025 22:15 Última actualización 07/12/2025 13:23

Apagada en Xirona. Apagada na iluminación do pavillón e no xogo do Breogán. Porque os de Luís Casimiro nunca encontraron o seu ritmo de xogo. Estiveron incómodos, como fóra do que requiría o partido. E en fronte toparon cun Xirona superlativo.

Moncho Fernández, o técnico dos locais, trazou unha estratexia mestra, encontrou fácil as súas vantaxes e a conclusión foi que o seu equipo asoballou o Breo. Un dato, o resultado ao descanso, 60-30. Con máis dun 60 % nos tiros de campo. Nunca na súa historia o Xirona realizara unha primeira parte coma esta.

Con esa diferenza, na segunda parte o protagonismo foi para a iluminación do pavillón, que fallou no arranque do terceiro cuarto. Para cando volveu a cousa foi deixarse ir. Ese terceiro parcial rematou igualado, pero tamén a prol dos locais, por un axustado 24-23. No cuarto os lugueses si conseguiron impoñerse, polo menos no inicio, cun 0-12 de saída que maqueou lixeiramente o tenteo.

Ao final, 103-80 a prol dos de Moncho Fernández, que igualan aos lugueses con catro triunfos na táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade