Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nacho Moyano: "A eliminatoria aínda non está sentenciada"

Nacho Moyano: "A eliminatoria aínda non está sentenciada"

O técnico do Cangas ten a todo o equipo dispoñible para este choque, salvo os lesionados de longa duración Santi López e Manu Pérez

Foto Cangas
G24.gal 09/06/2023 16:18 Última actualización 09/06/2023 16:24

Nacho Moyano, adestrador do Frigoríficos do Morrazo, advertiu este venres de que o seu equipo pasarao “moi mal” se pensa que a eliminatoria de permanencia na liga Asobal está sentenciada por gañar por 4 goles de diferenza na pista do Trops Ciudad de Málaga.

“O noso maior rival agora mesmo somos nós. Se pensamos que esa pequena renda que traemos de alí xa é definitiva estarémonos a equivocar. Málaga está a 60 minutos de facer historia, por iso imos necesitar compensar a súa ilusión coa nosa de seguir na Asobal”, afirmou o técnico do Frigoríficos.

Moyano, que ten a todo o equipo dispoñible para este choque salvo os lesionados de longa duración Santi López e Manu Pérez, lembrou que o seu equipo encarou “cun punto de cansazo excesivo” o primeiro partido.

“As pernas na segunda parte non nos ían e a nivel de cabeza estabamos un pouco esgotados. Por iso temos que valorar ese resultado que traemos de Málaga”, apuntou o técnico do conxunto cangués.

Advirte aque o seu rival é agora “moito máis perigoso” porque as súas posibilidades diminuíron co resultado do primeiro partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos