Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Mouhamet Diouf, estatura e futuro para o xogo interior do Breogán
O club está próximo a confirmar a incorporación deste internacional italiano de orixe senegalesa
                            G24.gal
                        
                            05/07/2023 09:49
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Breogán está preto de pechar unha nova incorporación para o seu cadro da temporada 23-24. Trátase do pivote italiano de orixe senegalesa Mouhamet Diouf.
Diouf (10/09/01) é un xogador de 2,07 que viría a reforzar o xogo interior dos de Mrsic. Foi internacional italiano en todas as categorías e estreouse na absoluta nunha das últimas ventás Fiba.
Na última temporada, no Reggiana, promediou 6 puntos e 3,2 rebotes, pero no treito final da competición o seu peso no equipo medrou moito e foise ata os 12 puntos de promedio nos dous últimos meses da Lega A.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        