Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un condutor en Cerceda tras caer por un terraplén e envorcar o vehículo

Morre un condutor en Cerceda tras caer por un terraplén e envorcar o vehículo

O accidente produciuse contra as dez e cuarto da mañá na estrada AC-400 que une Cerceda co lugar da Silva

G24.gal 16/01/2023 13:24

Accidente mortal no concello coruñés de Cerceda. Un condutor morreu no lugar da Silva despois de caer por un terraplén e envorcar co coche que conducía. Ata alí acudiron os bombeiros de Ordes, que tiveron que liberar o corpo da vítima. Os servizos sanitarios desprazados só puideron certificar o seu falecemento.

O accidente produciuse a iso das dez e cuarto da mañá na estrada AC-400 que une Cerceda co lugar da Silva. Por motivos que se están a investigar, o condutor e único ocupante do vehículo saíu da vía e envorcou neste terraplén.

Segundo informa a central de emerxencias 112, os servizos sanitarios que se desprazaron só puideron confirmar a morte do home, que foi excarcerado polos bombeiros de Ordes. Tamén acudiron ata aquí axentes da Garda Civil, policía local e protección civil de Cerceda.

Este é o segundo accidente mortal en 48 horas na provincia da Coruña despois de que un home falecera onte na Laracha tras caer co seu vehículo a un río.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar