Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren oito nenos de entre un e catorce anos nun tiroteo masivo en Louisiana

Morren oito nenos de entre un e catorce anos nun tiroteo masivo en Louisiana

O sospeitoso fuxiu nun coche roubado e foi abatido por axentes durante a persecusión

G24.gal 19/04/2026 18:54

Oito nenos de entre un e catorce anos morreron nun tiroteo masivo que tivo lugar na madrugada deste domingo na cidade de Shreveport, no Estado de Louisiana, segundo informes da policía desa localidade, que cualificou o suceso como un altercado doméstico.

Un total de dez persoas recibiron disparos durante o suceso, segundo o portavoz policial, Christopher Bordelon, que informou que o sospeitoso, algunha de cuxas vítimas eran descendentes seus, fuxiu nun vehículo roubado e foi abatido por axentes durante a persecución.

"Cremos que el é o único individuo que efectuou disparos", afirmou Bordelon en referencia ao suposto responsable.

As únicas sobreviventes do tiroteo son dúas mulleres adultas, unha delas con feridas serias que poñen en perigo a súa vida, segundo medios locais.

A escena do crime é extensa e abarca uns tres fogares na veciñanza de Cedar Grove de Shreveport, especificou Bordelon, que advertiu que a investigación se atopa na súa etapa inicial e que toda a información é preliminar.

"Esta é unha situación tráxica, talvez a situación máis tráxica que vivísemos xamais", dixo Tom Arceneaux, alcalde desta cidade do noroeste de Louisiana, duns 180.000 habitantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade