Cargando resultados...
Case un cento de mortos en Serra Leoa tras estourar un camión con combustible
G24.gal
06/11/2021 12:08
Última actualización 12:55
Polo menos 98 persoas morreron en Freetown, a capital de Serra Leoa, despois de explotar un camión cisterna que levaba combustible que colidiu contra outro camión. A cifra de falecidos podería aumentar pola situación crítica de varios das dúcias de feridos.
Algúns residentes das proximidades do lugar do estoupido que destruíu casas e outros vehículos estacionados saíron das súas vivendas con cubos e bidóns para recoller o combustible derramado.
Os feridos están a ser tratados en distintos hospitais da capital de Serra Leoa. Traballadores sociais e expertos en catástrofes axudan aos damnificados pola explosión.