Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dúas xemelgas de 12 anos tras caer dende a ventá dun edificio en Oviedo

Morren dúas xemelgas de 12 anos tras caer dende a ventá dun edificio en Oviedo

A policía descarta a intervención no suceso de terceiras persoas

O alcalde decretou dous días de loito

Edificio en Oviedo onde aconteceu o suceso (EFE/ Eloy Alonso)
G24.gal 19/05/2023 11:52 Última actualización 19/05/2023 14:57

Conmoción en Oviedo pola morte de dúas irmás xemelgas de 12 anos ao caer pola ventá ao patio interior dun edificio. A policía investiga as circunstancias do tráxico suceso.

O barrio da Ería estarreucese esta mañá segundo se foi facendo pública a noticia do dramático suceso. A policía está investigando as circunstancias da morte das xemelgas e mantén a prudencia á hora de informar sobre o acontecido. 

O inspector Pedro Aguado, voceiro da xefatura superior de policía de Asturias, di que parece ser que se descarta a intervención de terceiras persoas. A investigación está aberta e están a recabar datos. Ata este momento só podemos dicir que se trata dun suceso tráxico.

As nenas pertencen a unha familia de orixe rusa que levaba varios anos residindo no barrio. Tiñan un irmán de 10 anos que no momento do suceso estaba no colexio. Hai poucos días as xemelgas cumpriran os 12 anos.  

O concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Oviedo, José Ramón Prado, comenta que os pais están a recibir atención psicolóxica e que os veciños din que era unha familia moi normal e moi cariñosos.

A familia residía na cuarta planta do edificio, aínda que parece ser que se atopou aberta unha ventá no sexto piso que dá ao patio interior onde caeron os corpos. 

Hai tres meses produciuse en Barcelona un suceso con varias similitudes, no que dúas xemelgas, tamén de 12 anos, se votarán ao baleiro dende o balcón da súa casa, e faleceu unha delas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade