Morren cinco axentes da Policía Foral Navarra nun accidente en Guipúscoa
Os cinco policías viaxaban xuntos nunha furgoneta que bateu conta un camión cisterna
EFE/Javier Etxezarreta
Cinco axentes da Policía Foral Navarra, ocupantes dunha furgoneta, morreron este mércores nun accidente na autoestrada AP-8, en Elgoibar (Guipúscoa), tras bater o seu vehículo contra un camión cisterna, informou o Departamento vasco de Seguridade.
O sinistro produciuse sobre as 9:15 horas por causas que se descoñecen. O condutor do camión resultou ferido e foi trasladado a un centro hospitalario.
Como consecuencia do impacto, os cinco ocupantes da furgoneta faleceron, segundo certificaron os servizos sanitarios desprazados ao lugar.
Tras o accidente, a autoestrada quedou totalmente cortada ao tráfico e xeráronse importantes retencións na zona, onde a circulación está a ser desviada pola AP-1.
A Ertzaintza puxo en marcha unha investigación para esclarecer as circunstancias do fatal accidente.