Morren catro mulleres, tres delas menores, nun accidente de tráfico en Madrid
As falecidas veciñas de Moralzarzal tiñan 26,16,15 e 13 anos e regresaban das festas de Vilalba
O sinistro sucedeu esta madrugada ao chocaren dous coches en Collado Villalba
Morarzalzal decretou tres días de loito oficial polas vítimas
Catro mulleres de 26, 16, 15 e 13 anos faleceron este domingo nun choque do seu coche contra outro na localidade madrileña de Collado Villalba, informou o SUMMA 112.
A condutora falecida recolleu a súa irmá canda dúas amigas nas festas da localidade para regresar á casa.
No segundo vehículo implicado a condutora, outra muller de 30 anos, foi trasladada grave ao hospital Puerta de Hierro con múltiples fracturas. Segundo informa Emerxencias da Comunidade de Madrid 112, o accidente produciuse ás 05:50 horas no quilómetro 38 da M-608, no municipio madrileño de Collado Villalba, cando, por causas que investiga a Garda Civil, os dous vehículos chocaron frontolateralmente.
As primeiras evidencias indican que a condutora de 26 anos do coche en que viaxaban as catro mozas perdeu o control, saíu da estrada pola súa marxe dereita e tras varias manobras bruscas, invadiu o sentido contrario e impactou co outro turismo que conducía a muller de 30 anos que se dirixía ao seu traballo.
Nun dos turismos, as catro mozas quedaron atrapadas e o Summa só puido confirmar o seu falecemento. No outro vehículo implicado, a condutora, unha muller de 30 anos, tamén tivo que ser liberada polos bombeiros.
Foi trasladada en estado grave ao hospital Puerta de Hierro con múltiples fracturas. Segundo o xefe supervisor do SUMMA 112, José Elvira, sofre contusión pulmonar e trauma lumbar.
Ata o lugar do accidente desprazáronse catro dotacións dos Bombeiros da Comunidade de Madrid e a unidade de psicólogos do SUMMA112 para asistir a familiares das vítimas.