Cargando resultados...
Morren 22 persoas nunha redada contra o tráfico de drogas no Río de Xaneiro
Segundo a versión da policía, os axentes foron recibidos a tiros polos membros da banda de narcotraficantes

G24.gal
25/05/2022 08:05
No Brasil, unha redada policial contra unha importante banda de narcotraficantes deixou polo menos 22 mortos nunha favela do Río de Xaneiro.
Segundo a versión da policía, os axentes foron recibidos a tiros polos membros da banda de narcotraficantes.
As vítimas foron trasladadas a un hospital local, ata onde se desprazaron familiares para identificar os cadáveres.
Durante a redada, en que a policía utilizou vehículos blindados, os axentes interviñeron varias pistolas, trece fusís e unha decena de granadas de man.