Morre un home de 60 anos no incendio dunha vivenda en Monforte de Lemos
A casa, de dous andares, está situada no centro urbano
Un home de 60 anos faleceu este mediodía no incendio dunha vivenda unifamiliar de dous andares situada no centro urbano do concello de Monforte de Lemos, na rúa Malvarón.
Segundo informa o sarxento do parque de bombeiros do municipio, Tomás Losada, as unidades de extinción tardaron cinco minutos en chegar ao lugar dende que recibiron a chamada, ás 12:20 horas.
De acordo coas primeiras informacións, todo parece indicar que a vítima estaba traballando cunha máquina soldadora.
🔴 #AXEGAInforma dun home que faleceu ao declararse un incendio nunha casa en Monforte de Lemos, na Rúa Malvarón. Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida. Interviñeron, tamén: #BombeirosMonforte, #PolicíaLocal e @policia . pic.twitter.com/G1nfmeoyGj
— 112Galicia (@112Galicia) May 21, 2022