Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha moza de 25 anos nun accidente de tráfico en Ourense

Morre unha moza de 25 anos nun accidente de tráfico en Ourense

O coche que conducía foise da vía e envorcou

G24.gal 20/03/2022 08:22

Unha moza de 25 anos morreu nun accidente de tráfico ocorrido esta madrugada na estrada N-525 ao seu paso polo concello de Ourense, na saída da Valenzá. Por causas que se están a investigar, o coche que conducía saíu da vía.

Na súa traxectoria bateu contra o noiro da propia vía e, tras chocar contra un farol, acabou envorcando. O golpe foi tan violento que a muller saíu despedida do vehículo e cando chegaron os servizos de emerxencias xa só puideron certificar a súa morte.

Os primeiros indicios apuntan a que a condutora non levaba posto o cinto de seguridade. Con este sinistro e o acontecido este sábado en Cerceda, xa son dous os mozos falecidos en accidente nas vías galegas no que vai de fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade