Cargando resultados...
Morren unha muller e os seus tres fillos menores nun accidente de tráfico
Morren unha muller e os seus tres fillos menores nun accidente de tráfico
O coche chocou frontalmente contra un camión en Segovia
A muller tiña 34 anos, un dos cativos 5 e os xemelgos tan só 2
EFE (Pablo Martín)
G24.gal
23/10/2023 18:34
Última actualización 23/10/2023 20:25
Unha muller de 34 anos e tres fillos seus, un de 5 anos e dous xemelgos de 2, morreron nun accidente ocorrido este luns na N-110 á altura de Ceguilla, en Segovia. O coche en que viaxaban chocou contra un camión por causas que aínda se descoñecen. A Garda Civil fíxose cargo da investigación.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse varias dotacións de bombeiros e equipos sanitarios pero tan só puideron confirmar o falecemento da muller e dos tres menores.
Os falecidos procedían dunha familia marroquí instalada en Segovia.