Cargando resultados...
Morre unha muller de 67 anos natural de Zaragoza nun accidente de tráfico en Poio
No coche ían outras dúas persoas, que quedaron feridas leves

G24.gal
09/06/2023 18:41
Última actualización 09/06/2023 18:53
Unha muller de 67 anos, natural de Zaragoza, faleceu este venres nun accidente de tráfico que se rexistrou en Poio (Pontevedra).
O sinistro produciuse sobre as catro e media da tarde no quilómetro 9 da estrada PO-308, que une Poio e Sanxenxo, segundo informou a Garda Civil.
A vítima mortal viaxaba no asento traseiro do coche accidentado. No vehículo ían ademais o condutor, de 67 anos, tamén de Zaragoza, e a súa esposa, que ía de copiloto; ambos feridos leves.
O coche saíu da vía e chocou contra un muro, tras o que quedou envorcado sobre a calzada.
A muller falecida levaba posto o cinto de seguridade e o condutor do coche deu negativo nas probas de alcol e drogas.