Morre unha muller de 64 anos, aparentemente por un infarto, na praia de Lourido, en Poio
Estaba cunha amiga no areal e caeu redonda, posiblemente, por unha parada cardiovascular

A xornada do sábado tinguiuse de loito este sábado en Poio, nas Rías Baixas. Unha muller de 64 anos, veciña de Pontevedra, faleceu no areal máis grande da localidade, o de Lourido.
A Policía Local informou de que a muller se desprazou ata a praia cunha amiga. Contra as tres e media da tarde caeu redonda sobre a area, cando tomaba o sol. Malia que dous sanitarios que estaban na zona intentaron reanimala, a súa situación xa era irreversible.
Avisaron o 112 que mesmo desprazou un helicóptero, pero nada se puido facer por salvarlle a vida. Todo indica que puido sufrir unha parada cardiovascular.
O falecemento producise na zona próxima ao aparcamento máis grande que hai no areal, nun momento en que había moita xente na praia. A Policía Local colaborou co 061 na atención á muller morta e no desprazamento dos afectivos sanitarios.