Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha moza de 20 anos nun accidente de tráfico na Coruña

Morre unha moza de 20 anos nun accidente de tráfico na Coruña

Quedara ferida de gravidade na noite do martes logo da colisión do vehículo en que viaxaba como copiloto contra unha columna de formigón

O sinistro tivo lugar na avenida de Alfonso Molina O sinistro tivo lugar na avenida de Alfonso Molina
G24.gal 26/11/2025 19:16

Unha moza de vinte anos, que viaxaba como copiloto, faleceu tras un accidente de coche na cidade da Coruña.

O sinistro ocorreu ás 23:30 horas do martes na avenida de Alfonso Molina, onde o coche acabou encaixado contra unha columna de formigón, deixando dous feridos, o condutor e a copiloto, esta última en estado grave.

Segundo informaron fontes do hospital da Coruña, onde foran trasladados os dous feridos, a muller de vinte anos terminou falecendo por mor das lesións sufridas. 

Precisouse a intervención dos bombeiros para rescatar a copiloto, que estaba atrapada no interior do turismo. Hai unha investigación en marcha para aclarar as circunstancias do choque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade