Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un operario en Pontevedra tras precipitarse desde un tellado

Morre un operario en Pontevedra tras precipitarse desde un tellado

O home caeu desde unha altura duns 15 metros na parroquia de Campañó

G24.gal 28/02/2024 17:39 Última actualización 28/02/2024 19:44

A Axega informou dun accidente laboral mortal en Pontevedra onde este mércores perdeu a vida un operario tras sufrir unha caída desde o tellado dunha casa situada na parroquia de Campañó. 

Foi un particular quen chamou aos servizos de emerxencia para pedir atención sanitaria urxente porque o home caera desde unha altura duns 15 metros. Ata o lugar do acccidente acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Policía Nacional, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.

A investigación do accidente foi asumida pola Policía Nacional. 

https://twitter.com/112Galicia/status/1762874520795316592

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade