Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home ao caer desde o tellado dunha casa en Becerreá

Morre un home ao caer desde o tellado dunha casa en Becerreá

G24.gal 19/03/2022 20:00

Os servizos de emerxencias AXEGA informan do falecemento dun home como consecuencia da caída desde o tellado dunha casa na localidade lucense de Becerreá.

Todo indica que o home estaba a realizar arranxos no tellado da vivenda cando se precipitou ao chan por causas que se descoñecen.

 Ademais do persoal sanitario, que só puido certificar a morte do home, desprazáronse ata o lugar do accidente os Bombeiros de Sarria, efectivos de Protección Civil e axentes da Garda Civil, que investigan as circunstancias do tráxico suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar