Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home no Grove ao caer mentres colocaba unha antena

Morre un home no Grove ao caer mentres colocaba unha antena

Para aclarar o sucedido abriuse unha investigación deste accidente laboral

G24.gal 02/01/2023 13:11 Última actualización 02/01/2023 13:30

Un home faleceu este martes no Grove mentres trataba de colocar unha antena. Segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia, o operario sufriu unha caída que lle provocou a morte sen que os servizos sanitarios puidesen salvalo.

O accidente produciuse desde unha altura duns cinco metros. Foi contra as 11:30, á altura do número 35 do lugar de Campos. Ata o lugar desprazouse persoal do 061, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil do Grove.

A causa do accidente laboral abriuse unha investigación para aclarar o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade