Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home en Palma tras ser reducido cunha arma de electrochoque pola Policía

Morre un home en Palma tras ser reducido cunha arma de electrochoque pola Policía

Faleceu como consecuencia dunha parada cardiorrespiratoria antes de ser trasladado ao hospital 

G24.gal 19/02/2026 12:12

Un home morreu este xoves en Palma por parada cardiorrespiratoria tras ser reducido cunha arma de electrochoque por axentes da Policía Nacional que acudiran ao seu domicilio alertados de que estaba a esnaquizar a vivenda, da que fuxiran os seus tres fillos.

Ao chegar ao lugar, os axentes da Policía alertados polos veciños, atoparon o home nunha actitude moi agresiva e, tras negarse a seguir as súas indicacións e manter o seu comportamento violento, empregaron a pistola eléctrica para reducilo.

Os feitos ocorreron de madrugada, arredor das 04:15 horas, informou o corpo de Seguridade, que explicou que o falecido era un home de gran corpulencia que entrou en parada cardiorrespiratoria tras a descara da arma.

Aínda que os axentes lle practicaron manobras de reanimación e avisaron de inmediato aos servizos de emerxencias sanitarias para solicitar asistencia e unha ambulancia, o home, de 47 anos, morreu antes de ser desprazado a un hospital.

Os axentes aplicaron o protocolo previsto para casos nos que a redución directa dunha persoa agresiva resulta perigosa, nos que se prevé o uso da arma de electrochoque, apuntaron as mesmas fontes.

Na vivenda hai indicios que apuntan a un posible consumo de drogas por parte do home, aínda que será a autopsia a que o determine.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade