A policía rexistra as oficinas de Deutsche Bank en Alemaña por branqueo de cartos
Un portavoz do banco dixo que están cooperando completamente coa Fiscalía pero rexeitou dar máis información
A investigación céntrase en antigas relacións comerciais con empresas estranxeiras creadas para branquear diñeiro e que son propiedade do oligarca ruso Roman Abramovi
As oficinas de Frankfurt son unhas das que rexistraron. Reuters.
A Policía alemá rexistrou este mércores as oficinas do Deutsche Bank en Frankfurt e Berlín por sospeitar de branqueo de diñeiro, un día antes de que o banco alemán presente o balance de 2025.
A Fiscalía de Frankfurt informou de que se acusa a responsables e empregados descoñecidos. Un portavoz de Deutsche Bank confirmou a EFE o rexistro das oficinas de Deutsche Bank e dixo que cooperan completamente coa Fiscalía.
"Confirmamos que actualmente se implementa nas oficinas de Deutsche Bank unha medida da Fiscalía de Frankfurt", segundo o portavoz do banco alemán.
Deutsche Bank coopera completamente coa Fiscalía pero rexeitou dar máis información.
As accións de Deutsche Bank caían un 3 %, ata 32,48 euros, na Bolsa de Frankfurt, tras a noticia da investigación da Fiscalía e a Oficina Federal de Investigación Criminal.
En concreto, a investigación céntrase en antigas relacións comerciais do Deutsche Bank con empresas estranxeiras das que se sospeita que foron creadas para branquear diñeiro e que son propiedade do oligarca ruso Roman Abramovic, segundo Spiegel.
Uns 30 policías vestidos de civil rexistraron as oficinas da sede central de Deutsche Bank pouco despois da 10 da mañá para incautarse de probas, engade o semanario.
Abramovic está desde primavera de 2022 na lista de sancións da Unión Europea.