Cargando resultados...
Morre un home de 83 anos nunha saída de vía en Chantada
Como consecuencia do impacto morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente

G24.gal
11/02/2025 14:22
Un home de 83 anos morreu na mañá deste martes ao sufrir unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba por unha estrada no municipio lugués de Chantada.
O sinistro tivo lugar ás 9:45 horas deste martes no punto quilométrico 36,700 da estrada que une Monforte e Lalín, segundo informou a Garda Civil.
O coche que manexaba o falecido saíu da estrada pola marxe dereita. Como consecuencia do impacto morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente.