Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home atropelado na zona urbana de Melide

Morre un home atropelado na zona urbana de Melide

O tráxico accidente, rexistrado no 112 Galicia pasadas as nove desta mañá, produciuse na N-547

G24.gal 28/06/2022 09:54 Última actualización 28/06/2022 14:25

Un home, duns 70 anos, faleceu en Melide tras ser alcanzado por un vehículo. O tráxico accidente, rexistrado no 112 Galicia pasadas as nove desta mañá, produciuse na N-547, ao paso pola zona urbana melidense.

O home cruzaba a estrada cando unha furgoneta que ía en dirección Lugo o levou por diante. O corpo quedou na estrada durante un par de horas ata que se decretou o levantamento do cadáver. 

A Garda Civil investiga as circunstancias do suceso pero este non semella ser un caso de exceso de velocidade. "Nesta zona estaciónanse os coches e non hai moita visibilidade", comenta un home. Outros sinalan un posible exceso de confianza xa que o atropelado cruzaba a escasos metros dun paso de peóns que hai na vía.

A autovía A-54 que une Santiago e Lugo aínda non ten todos os treitos abertos e iso nótano ben en vilas como Arzúa ou Melide. "Nós vivimos ao carón da estrada e é terrible. Nótase moitísimo", di un veciño. En xaneiro houbo outro atropelo mortal nesta vila e, o mes pasado, outro cun ferido.  

No que levamos de ano son xa 10 as peóns falecidos en atropelos. 6 en vías interurbanas e 4 en urbanas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade