Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home atropelado en Brión na estrada entre Bastavales e A Picaraña

Morre un home atropelado en Brión na estrada entre Bastavales e A Picaraña

O falecido, de 53 anos, camiñaba de madrugada pola vía, que non conta con beirarrúa e carece de iluminación

 O peón non levaba ningunha peza reflectora e a condutora que o levou por diante deu negativo nas probas de alcolemia

Lugar do atropelo na estrada local entre Bastavales e A Picaraña en Brión
G24.gal 31/08/2024 09:15 Última actualización 31/08/2024 14:52

Atropelo mortal en Brión, na comarca de Compostela. Morreu un veciño de 53 anos que circulaba por unha estrada na que non hai beirarrúa e carece de iluminación.

Unha condutora que ía para traballar levouno por diante pouco despois das cinco da madrugada. O falecido non levaba ningunha prenda reflectora e todo apunta que podería regresar dunha festa que se celebrou nunha localidade próxima.

A muller deu negativo nas probas de alcoholemia. A Garda Civil de Tráfico investiga as causas deste accidente que se produciu na estrada local que comunica Bastavales coa Picaraña.

Emerxencias sanitarias de Galicia-061 comunicou o falecemento do peón e pediu a presenza da Garda Civil de Tráfico, que sinalizou a zona. O equipo de atestados recolleu a información para a investigación do suceso.

Lugar do atropelo na estrada local entre Bastavales e A Picaraña en Brión Lugar do atropelo na estrada local entre Bastavales e A Picaraña en Brión
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar