Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home ao caer cando podaba unha árbore no Pino

Morre un home ao caer cando podaba unha árbore no Pino

G24.gal 28/01/2022 21:58

Un home duns 70 anos faleceu esta tarde ao caer mentres podaba unha árbore no lugar de Grandamil do concello coruñés do Pino.

O accidente ocorreu arredor das catro da tarde. O home estaba subido nunha escaleira e cunha motoserra intentaba cortar unha póla. Por causas que se descoñecen, desequilibrouse e caeu da escaleira.

A súa familia atopou o corpo sen vida. Os equipos de emerxencia que se trasladaron ao lugar só puideron certificar a morte..

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade