Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un condutor en Melide ao bater o seu coche contra unha casa

Morre un condutor en Melide ao bater o seu coche contra unha casa

O accidente foi no quilómetro 46 da estrada AC-840, na parroquia de Zas de Rei

Os bombeiros examinan o coche accidentado
G24.gal 12/06/2022 18:52 Última actualización 12/06/2022 20:18

O accidente ocorreu sobre as 17:00 horas no quilómetro 46 da estrada AC-840, na parroquia de Zas de Rei. Un condutor faleceu ao saírse da vía co vehículo e bater contra o muro dunha casa.

Varias testemuñas aseguráronlle ao 112 que, tras o golpe, a vítima puido quedar atrapada no interior do coche xa sen constantes vitais.

Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, ata o lugar desprazáronse un helicóptero medicalizado, os bombeiros de Arzúa, axentes da Garda Civil e voluntariado do servizo local de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade