Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dous garda civís ao chocaren dous barcos do corpo seguindo unha narcolancha en Huelva

Morren dous garda civís ao chocaren dous barcos do corpo seguindo unha narcolancha en Huelva

Os falecidos tiñan 55 e 56 anos e levaban 30 no corpo 

Ademais das vítimas mortais, outros dous axentes resultaron feridos, un grave e outro leve

Aberta unha investigación para determinar as causas do accidente

Embarcación da Garda Civil de Huelva nunha imaxe de arquivo (Garda Civil/Ministerio do Interior)
G24.gal 08/05/2026 13:17 Última actualización 08/05/2026 13:54

Dous gardas civís morreron ao chocaren dúas patrulleiras do intituto armado mentres perseguían a unha narcolancha a unhas 80 millas da costa de Huelva.

O primeiro falecido, Germán P.G. tiña 55 anos e era natural de Teruel. Levaba 34 anos no Servizo Marítimo da Garda Civil, corpo no que ingresou en 1989, aínda que foi en 1994 cando se incorporou á Comandancia de Huelva. Na súa traxectoria, o axente recibiu "numerosas distincións e felicitacións", segundo fontes do instituto armado.

Horas despois do accidente morreu o capitán Jerónimo J.M., de 56 anos e nado na localidade malagueña de Villanueva del Rosario, quen inicialmente resultou ferido grave no choque.

Jerónimo J.M. tiña 56 anos, ingresou na Garda Civil en 1994 e estivo destinado en Guipúscoa entre 1999 e 2005. En 2005 chegou á Comandancia de Málaga, como alférez, e entre 2010 e 2018 foi comandante tanto en Málaga como en Córdoba.Incorporouse como capitán ao Servizo Marítimo de Huelva en 2020, e, do mesmo xeito que o seu compañeiro falecido, recibira distincións no corpo.

A Asociación Unificada de Gardas Civís amosa a súa consternación  

Durante a actuación, dous axentes máis resultaron feridos, un deles grave e outro leve, aos que a Garda Civil desexa "unha pronta recuperación", segundo figura no comunicado de condolencias que distribuíron en redes sociais.

Pola súa banda, a Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) tamén mostrou a súa consternación polo accidente dos axentes en acto de servizo, na súa conta na rede social X, desde a que envían "toda a súa forza, apoio e cariño" ás familias e compañeiros nestes momentos. 

Apoio da armada

A Garda Civil tivo que pedir apoio da Armada para remolcar as embarcacións sinistradas a porto ante o risco de afundimento.

O suceso volve poñer o foco nos riscos da loita directa contra o narco nas costas andaluzas. Hai dous anos outros dous axentes da Benemérita morreron e catro quedaron feridos ao ser arremetidos adrede por unha narcolancha no porto de Barbate. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade