Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o condutor dun camión tras precipitarse por un desnivel en Vilariño de Conso

Morre o condutor dun camión tras precipitarse por un desnivel en Vilariño de Conso

O accidente produciuse contra as 10:30 horas desta mañá

G24.gal 10/03/2022 11:21

Un camioneiro morreu esta mañá despois de que o vehículo que conducía caera por un desnivel no lugar de Castiñeira, no concello ourensán de Vilariño de Conso. O camión acabou esnafrado contra as árbores.

Foi xusto ás 10 e media cando o 112 Galicia recibiu o aviso do accidente. Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e tamén de Protección Civil de Vilariño de Conso.

Os equipos de emerxencias que se trasladaron ao lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida. Protección Civil e Garda Civil estiveron varias horas no lugar do sinistro recadando probas para saber que é o que lle puido suceder. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar