Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o bebé nado nun parto asistido en Eivissa por un médico negacionista suspendido

Morre o bebé nado nun parto asistido en Eivissa por un médico negacionista suspendido

O bebé entrou en parada cardiorrespiratoria, polo que o trasladaron en estado grave ao hospital

A Garda Civil abriu unha investigación para determinar a responsabilidade do médico nos problemas orixinados no parto na casa

O Colexio Médico de Baleares suspendeu en maio ao doutor Ruiz Valdepeñas por dicir que non había pandemia e pedir que non se utilizasen as máscaras

G24.gal 06/02/2022 12:38

O bebé que naceu nunha vivenda de Eivissa nun parto supostamente asistido por un médico negacionista suspendido das súas funcións, e que ingresou na UCI pediátrica do hospital Son Espases faleceu o venres pola tarde.

A Garda Civil investiga para determinar a responsabilidade do médico Ruiz Valdepeñas nos problemas orixinados no parto. O médico confirmou a un xornal local a súa participación no parto como lle pediu a familia. Asegura que o bebé naceu "perfectamente" e entrou en parada cardiorrespiratoria por motivos que se descoñecen.

Recoñeceu asistir a unha decena de partos privados en vivendas ao ano.

Sanción do Colexio das Baleares

O Colexio de Médicos das Baleares sancionou en maio de 2021 a Ruiz Valdepeñas cunha suspensión de colexiación durante seis anos e unha multa de máis de 16.000 euros por "vulneración grave de múltiples artigos do Código ético e deontolóxico médico".

Un vídeo de 2020 permitiu a apertura do expediente porque negaba a existencia da pandemia de coronavirus e animaba a ignorar as normas de distanciamento e uso da máscara. Médico de urxencias en Madrid participaba en manifestacións negacionistas "contra a nova orde mundial".

O Colexio médico asegura que os feitos son de extrema gravidade e dunha gravísima irresponsabilidade que suscitan confusión, medo e alarma social o que supón un risco para a saúde pública.

 

 

 



 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade