Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Jacques Perrin, o actor da mítica película 'Cinema Paradiso'

Morre Jacques Perrin, o actor da mítica película 'Cinema Paradiso'

Foi unha figura central do cinema francés. Participou en máis de setenta películas como actor, entre outras, Os nenos do coro

G24.gal 22/04/2022 09:05

Morreu Jacques Perrin, o actor francés que conmoveu o mundo na película mítica de Giuseppe Tornatore Cinema Paradiso.

Jacques Perrin foi unha figura central do cinema francés. Participou en máis de setenta películas como actor, entre outras, Os nenos do coro.

Foi o produtor de Costa-Gavras en películas claves dos sesenta e setenta como Estado de sitio ou Sección especial. Nos últimos anos centrouse nos documentais de natureza como Nómades do ventoMicrocosmos ou Océanos, o seu último traballo. Tiña 80 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos