Cargando resultados...
Morre Franz Beckenbauer aos 78 anos, lenda do Bayern de Múnic e do fútbol mundial
Beckenbauer é considerado como a máxima lenda do fútbol alemán e foi campión do mundo como xogador en 1974 e como adestrador en 1990
Foto EFE
G24.gal
08/01/2024 17:51
Última actualización 08/01/2024 18:16
O ex-xogador e exadestrador Franz Beckenbauer morreu aos 78 anos, informaron fontes da súa familia.
Beckenbauer é considerado como a máxima lenda do fútbol alemán e foi campión do mundo como xogador en 1974 e como adestrador en 1990 ademais de gañar tres veces a antiga Copa de Europa co F. C. Bayern e unha Eurocopa con Alemaña.
Nos últimos anos estivera retirado da vida pública por problemas de saúde e tamén polo escándalo desatado por presuntas irregularidades no seu traballo para conseguir para Alemaña a sede do Mundial 2006.