Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre en Francia un mariñeiro de Marín mentres facía unha descarga

Morre en Francia un mariñeiro de Marín mentres facía unha descarga

Tiña 52 anos e era veciño de Santo Tomé de Piñeiro

Formaba parte da tripulación do buque Faro Picamillo

G24.gal 07/12/2022 19:47 Última actualización 07/12/2022 22:05

Javier Pregal Barreiro, veciño de Marín de 52 anos, faleceu este mércores mentres traballaba na descarga do pesqueiro Faro Picamillo.

O suceso ocorreu no porto francés de Douarnenez, na Bretaña.

O home atopábase na cuberta do buque cando se atopou indisposto e sufriu unha caída.

O mariñeiro era veciño da parroquia de Santo Tome de Piñeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade