Morre con 95 anos o xornalista e profesor Manuel Fernández Areal
Doutor en Dereito e Xornalismo, fora o primeiro decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo
Imaxe de arquivo de Fernández Areal (TVG)
O xornalista e escritor ferrolán Manuel Fernández Areal faleceu este venres en Vigo aos 95 anos de idade. Doutor en Dereito e Xornalismo, fora o primeiro decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo, no campus de Pontevedra. Ademais de director de publicacións como os semanarios 'La actualidad española' e 'Mundo Internacional', colaborou nalgúns programas da Televisión de Galicia.
Fernández Areal foi tamén o primeiro presidente da Sociedade Española de Xornalística. Ao longo da súa dilatada traxectoria fora tamén decano da Facultade de Comunicación de La Laguna, e desenvolveu unha obra extensa en materias como o Dereito da Comunicación ou a Historia do Xornalismo español.