Cargando resultados...
Morre aos 91 anos o cantante italiano Gino Paoli, autor de 'Sapore di sale'
Era un dos grandes autores da canción clásica italiana
G24.gal
24/03/2026 13:13
O cantante italiano Gino Paoli faleceu este martes aos 91 anos de idade.
Confirmouno a familia nun comunicado remitido aos medios, en que aseguran: "Esta noite Gino deixounos con serenidade e rodeado do afecto dos seus seres queridos".
Paoli, nado en Montefalcone no 1934, era un dos grandes autores da canción clásica italiana, con sona internacional. Entre os seus títulos máis coñecidos está Sapore di sale' ou 'Senza fine'.