Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre aos 79 anos o xornalista Enric Sopena, fundador de El Plural

Morre aos 79 anos o xornalista Enric Sopena, fundador de El Plural

O comunicador falecido en Madrid tamén foi xefe dos Servizos Informativos de TVE e director de Radio Nacional de España

G24.gal 07/07/2024 22:28

O xornalista Enric Sopena morreu este domingo aos 79 anos en Madrid, segundo informou Elplural.com, diario do que foi presidente ata 2017. Morreu como concsecuenica da enfermidade neurodexenerativa que padecía desde hai meses. Tiña alzhéimer.

Nado en Barcelona, traballou nas redaccións da Cadena SER, LaVangardia, Diario de Barcelona ou Radio Televisión Española, onde foi director xeral de informativos de TVE e director de RNE.

En setembro de 2005, entra en Elplural.com que pasará a controlar e presidir en 2010, ata que, por motivos de saúde, deixou o cargo en 2017.

O presidente do Goberno Pedro Sánchez destacou na rede social X de Sopena: "Foi un xornalista valente e un home comprometido. Déixanos tras sementar a súa amizade en todos os que lle quixemos. Un abrazo moi forte a Margarita, á súa familia, compañeiros e amigos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar