Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre aos 111 anos o pintor vigués Luis Torras

Morre aos 111 anos o pintor vigués Luis Torras

Era o home máis lonxevo de España

G24.gal 15/01/2024 19:41

Nacido en Vigo en 1912, Luis Torras Martínez era o decano dos artistas plásticos galegos.

Dúas balas deixárono xordo na Guerra civil. A súa xordeira non lle impediu seguir estudando e facerse profesor de Debuxo. Exerceu primeiro en Madrid e despois na Escola de Artes e Oficios en Vigo. 

Desde 1954 participou en exposicións nacionais de Belas Artes, conseguindo varias mencións e unha medalla. 

A súa obra forma parte de destacadas coleccións públicas e institucionais como a do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a do Museo Municipal Quiñones de León, a do Museo de Pontevedra, a colección Afundación e a do Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago.

Tamén atopamos cadros del en importantes coleccións privadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade