Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Morre Antón de Santiago, cantante lírico e gran divulgador da música clásica
O coruñés, de 77 anos, foi un dos primeiros locutores da Radio Galega e axudou a crear os primeiros programas culturais da emisora
            
                            G24.gal
                        
                            05/07/2022 13:48
                        
                        
                        
                        
                    
                    O mundo da cultura despide hoxe o coruñés Antón de Santiago, cantante lírico, compositor e gran divulgador da música clásica, quen morreu onte aos 77 anos.
O músico foi un dos primeiros locutores da Radio Galega e axudou a crear os primeiros programas culturais da emisora. En 1991, converteuse no xefe do Departamento Didáctico de Canto do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Boa parte da súa vida dedicouna a achegar ao gran público a música clásica.