Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morante de la Puebla recibe unha cornada de 12 centímetros do primeiro touro da tarde en Pontevedra

Morante de la Puebla recibe unha cornada de 12 centímetros do primeiro touro da tarde en Pontevedra

O matador está sendo intervido dunha cornada de 12 centímetros no quirófano da praza de touros

G24.gal 10/08/2025 20:18 Última actualización 10/08/2025 21:13

O toureiro Morante de la Puebla sufriu unha cornada de 12 centímetros esta tarde en Pontevedra, nas Festas da Peregrina. O destro enfrontábase a un touro de Garcigrande cando nun pase o animal colleuno pola coxa. O toureiro foise ao chan e, tras incorporarse, foi levado á enfermería da praza de Pontevedra para ser atendido.

As primeiras informacións apuntan a que José Antonio Morante Camacho, Morante de la Puebla, presenta unha cornada duns 12 centímetros. O matador de La Puebla del Río, que ten 45 anos, está a ser intervido na propia praza de touros.

Alejandro Talavante foi o encargado de acabar co touro que sorprendeu a Morante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade