Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández ve fundamental igualar "o nivel físico" do UCAM Murcia

Moncho Fernández ve fundamental igualar "o nivel físico" do UCAM Murcia

G24.gal 14/03/2024 12:44 Última actualización 14/03/2024 13:05

Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro, sinalou este xoves que as opcións de vitoria do seu equipo ante o UCAM Murcia pasarán por igualar “o nivel físico” do conxunto dirixido por Sito Alonso.

“É un equipo que esixe moito desde o punto de vista físico. Sen igualar ese nivel físico telo moi complicado para gañar”, advertiu o técnico santiagués.

O técnico santiagués ten a todos os seus xogadores dispoñibles salvo a Álvaro Muñoz, operado esta semana dunha grave lesión de xeonllo.

A Moncho Fernández non lle sorprende a quinta posición na táboa do cadro universitario porque está a facer unha tempada “fantástica”, xogando “moi ben” nos dous lados do campo.

“É un equipo que defende moi ben, que tamén mete presión moi ben, a cifra de que son o equipo que máis perdas forza no rival é claramente indicativa da súa calidade defensiva. O seu repertorio táctico tamén é moi amplo. E logo en ataque tamén ten moitos rexistros: un contra un, tiro exterior, xogo interior…”, analizou.

Durante a conferencia de prensa celebrada no Instituto de Educación Secundaria Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, onde hai 32 anos traballou como profesor durante dous meses, Moncho Fernández deixou claro que os seus xogadores están “ao cen por cento” centrados no duelo ante o UCAM, a pesar da que seguinte xornada recibirán ao Breogán, nun derbi vital pola permanencia.

Na quenda de preguntas para os estudantes, o técnico do Obradoiro confesou que o “apaixona” a natación sincronizada e que, “excepto” os deportes de motor, gústanlle “case todos”, especialmente “o balonmán, o voleibol e un pouco o fútbol”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos