Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moncho Fernández recruta a Jordan Howard como base do Obradoiro

Moncho Fernández recruta a Jordan Howard como base do Obradoiro

Ten 27 anos e destaca pola súa capacidade anotadora

O ano pasado, en Nápoles, promediou 13,4 puntos

G24.gal 04/08/2023 12:28

O base desexado por Moncho Fernández estará en Santiago de Compostela para a temporada 23-24. Jordan Howard (1,80cm e 27 anos) é ese director e anotador que perseguía o adestrador de Pontepedriña. 

O seu irmán, Markus, deixou unha inmellorable carta de presentación a temporada pasada na ACB xogando en Baskonia. Agora chega Jordan, con experiencia en Francia e Italia. O último ano militou en Nápoles onde promediou 13,4 puntos, cun 40 % nas triplas e 2,5 asistencias. 

Formouse en Arkansas (NCAA), pasou por Texas e Raptors sen chegar nunca á NBA antes de comezar a aventura no extranxeiro. Nos Brujos de Guayama (19-20) foise ata os 19 puntos de media antes de asinar en Estrasburgo, o seu primeiro destino europeo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade