Moncho Fernández: "As batallas importantes estarán no rebote, no un contra un e no control de perda"
Moncho Fernández: "As batallas importantes estarán no rebote, no un contra un e no control de perda"
Tamén confirmou que o estadounidense Devon Dotson podería debutar no derbi
Moncho Fernández conta con todos os efectivos para recibir o Breogán. Partido trascendental para o Obradoiro, que estará cheo de batallas:
"As batallas máis importantes van estar no rebote, no un contra un e no control de perdas de balón, fundamentalmente".
"Todo iso terá máis peso que o lanzamento de tres".
Moncho Fernández tamén confirmou que o estadounidense Devon Dotson, fichado esta semana para reforzar o posto de base, podería debutar no derbi.
“Unicamente leva un par de adestramentos co equipo, pero está a poñer moito da súa parte para estar. É un xogador moi rápido, cun físico esplendoroso ademais de que é un gran pasador”, explicou Moncho Fernández en conferencia de prensa.
Con todo, o preparador do Obradoiro pediu calma con Dotson porque se trata dun xogador novo, cumprirá en agosto 25 anos, e será a primeira vez que compita no baloncesto europeo.