Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moitos restaurantes xa cobran aos clientes que non se presentan no establecemento

Moitos restaurantes xa cobran aos clientes que non se presentan no establecemento

Moitos restaurantes de Galicia xa están aplicando medidas para pór freo aos clientes que reservan e despois non se presentan no establecemento.

Pasan un cargo á tarxeta do titular que fai esa reserva por cada un dos comensais, pero o cobro só se fai efectivo se non aparecemos e non anulamos.

G24.gal 07/05/2023 17:17 Última actualización 07/05/2023 17:45

Nun primeiro domingo de maio é indispensable reservar en calquera restaurante. En moitos, ben por teléfono ou a través da súa web, pedirannos os nosos datos e agora tamén o número da nosa tarxeta. María del Pilar Cruz Soriano é a xefa de sala do Restaurante "El Olivo" en Vigo.

Y luego siempre se le envía un correo electrónico al cliente para que introduzca el número de su tarjeta y de esa manera quede reflejado en el caso de que el cliente no aparezca. 

Este é un método que están implantando moitos restaurantes para pór límites a eses clientes que non aparecen. Aínda que a medida pode xerar certo malestar, para os hostaleiros este sistema é moi útil. Poñer en marcha esta ferramenta de reserva, a algúns profesionais cústalles 180 euros ao mes. É  o caso do propietario do restaurante PurOsushi en Vigo.

Hay gente que no le sienta bien que pidamos la tarjeta. Es una política que hemos adoptado y vamos a sostener. Es un gasto que no me gustaría tener pero como iban las cosas hubo que ponerle freno de alguna manera.

Ese cargo na tarxeta, que é de 20 euros por comensal, e nalgúns casos de 50, aparecerá reflectido un día despois de non presentármonos. Se anulamos a nosa reserva ese mesmo día, non se cobra. Tampouco se hai unha causa xustificada.

A súa implantación din que reduciu unha tendencia que non é a habitual pero que, cando se produce, sobre todo en restaurantes pequenos, aféctalles. Non só ao seu peto, tamén lles parece unha falta de respecto ao sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade