Cargando resultados...
Moderna anuncia que para 2023 terá lista a vacina única contra a covid–19 e a gripe
Sería unha dose de reforzo anual, para que as persoas eviten ter que vacinarse dúas ou tres veces no inverno

G24.gal
18/01/2022 07:57
A farmacéutica Moderna anunciou que para 2023 terá lista a vacina única contra a covid–19 e a gripe. O anuncio chegou por parte do conselleiro delegado no Foro de Davos.
Sería unha dose de reforzo anual, para que as persoas eviten ter que vacinarse dúas ou tres veces no inverno.
Segundo o conselleiro delegado da compañía, ao reducirse a frecuencia das doses de reforzo, evitaríase o rexeitamento á vacinación. Os traballos en laboratorios finalizarán nas próximas semanas.