Cargando resultados...
Mobilización en Santiago convocada pola plataforma Vía Galega
O lema da marcha: "Somos unha nación"
G24.gal
24/04/2022 13:38
Nas rúas de Santiago manifestáronse este domingo centos de persoas convocadas pola plataforma Vía Galega.
A mobilización, que tiña como lema principal "Somos unha nación", contou coa presenza de moitos dirixentes e militantes do Bloque Nacionalista Galego, o sindicato CIG e outras entidades coma a Mesa Pola Normalización Lingüística, ADEGA, FRUGA ou a Fundación Galiza Sempre.
A marcha quere lembrar os alicerces históricos do nacionalismo en Galicia e esixir, a día de hoxe, o dereito a existir politicamente.