Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un penalti no 97 priva o Celta de puntuar ante o Barcelona (1-2)

Un penalti no 97 priva o Celta de puntuar ante o Barcelona (1-2)

O Celta rozou os puntos ante o Barcelona

Tivo ocasións como para conseguir un premio maior, sobre todo na segunda metade

G24.gal 17/02/2024 17:07 Última actualización 17/02/2024 21:53

Benítez quixo quedar coa parte positiva do partido de hoxe. Malia derrota, 

"O equipo estivo ben, competiu e creou ocasións".

Non se quixo pronunciar sobre se é penalti de Fran Beltrán, pero si quixo mandar unha mensaxe.

"Se entramos para mirar se está adiantado 5 cm, podemos mirar se hai xogadores dentro".

O técnico quixo restarlle importancia ao erro de Fran Beltrán quen realizou o penalti.

"Temos que ter claro que somos un equipo, que imos todos xuntos. Non debemos personalizar demasiado".

Tras a derrota, o Celta debe visita o Cádiz. Partido vital nas aspiracións celestes. De gañar pon unha marxe maior sobre o descenso, e gana o golaverage ao rival.

"Non hai finais, hai partidos importantes"

Minuto a minuto

17:30

Xa coñecemos os onces dos dous equipos. Benítez aposta por Allende desde a titularidade traslo gol en Xetafe. Aspas volve ao 11 titular, xunto Starfelt.

 

 

Xavi aposta de novo por Cubarsí no centro da zaga pero a novidade é a titularidade de Vitor Roque:

 

18:30

Comeza o encontro en Balaídos!

Minuto 9

Salvou Guaitaaaa!

Vitor Roque topou a Lamine Yamal. O extremo culé guisouna e probou a Guaita, quen respondeu cunha boa man.

Minuto 11

Probou Larsen a Ter Stegen!!!

Boa xogada do '10' pola dereita. Aspas puxo o balón ao área, Tadeo deixouna pasar e Larsen, cun tímido disparo, topou coas mans do meta culé.

Minuto 26

Cacholazo de Christensen que marcha lamendo o pau da orta de Guaita!

Segue o 0-0 en Balaídos

Minuto 44

Gol do Barça

Recibiu o dianteiro polaco no borde do área e enfundou un cañonazo para facer o gol

Celta 0-1 Barça

Minuto 45+2

Chega o tempo de lecer en Vigo!

Celta 0-1 Barça

Minuto 45

Volve a rodar o balón sobre o novo céspede de Balaídos con troco no Celta: entra Unai e sae Carlos Domínguez; e no Barça onde Araujo deixou seu posto a Iñigo Martínez.

Comeza a segunda metade.

Minuto 47

GOOOOOOOOOL DO CELTA!

Taconazo de Mingueza para o '10'. Aspas lanzou desde a frontal, o balón rexeita en Kounde e introdúcese na porta de Ter Stegen. 

Empatan os celestes.

Celta 1-1 Barcelona

Minuto 63

Sacouna Guaitaaaa!!

Falta potente de Raphinha que topa cunha gran man do gardameta celeste

Minuto 72

Aspas fóraaaaa!

Probou coa perna menos boa o de Maoña pero non lle deu a rosca necesaria

Minuto 90+7

Gol de Lewandoski

Parou Guaita o primeiro. Adiantouse e tívose que repetir o penalti. A segunda sí.

Celta 1-2 Barcelona

Minuto 102

Rematou o encontro con derrota celeste.

Adiantou Lewandoski aos culés ata que igualou Aspas. No 97, de penalti, Lewandoski fixo o 1-2 definitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos