Cargando resultados...
Os Fernández Amado: un caso atípico e histórico
Manu Fernández debutou ante o Mallorca completando así a triloxía familiar no Celta
G24.gal
25/08/2025 15:23
Última actualización 25/08/2025 15:28
Sen dúbida é un caso atípico e histórico. Tres xeracións dos Fernández Amado xogaron no Celta
Manu Fernández: "É para estar orgulloso. O que nos fai ilusión é que el chegase ata aí".
Manu Fernández debutou ante o Mallorca completando así a triloxía familiar no Celta, en primeira división, que iniciou o seu avó, Manuel Fernández Amado na década dos setenta e que continuara seu pai Manel nos 90.
Manuel Fernández: "Ten unhas condicións moi boas".
Tras vivir con emoción e orgullo a estrea do benxamín, a familia Fernández confía en que Manu siga medrando e sexa o gran protagonista da súa propia historia.