Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manu continúa a saga dos Fernández no primeiro equipo do Celta

Manu continúa a saga dos Fernández no primeiro equipo do Celta

O ferrolán terá ficha no primeiro equipo esta tempada, como a tiveron o seu pai e o seu avó

G24.gal 14/08/2025 14:42

O conxunto celeste anunciou este xoves que o defensa ferrolán Manu Fernández Arroyo (24 anos) formará parte do primeiro equipo do Celta esta tempada. O canteirán acadou os obxectivos que o club esperaba e cumpre así un feito histórico, pois trátase da terceira xeración que xoga no primeiro equipo do club vigués.

O seu avó, Manuel Fernández Amado, xogou no Celta entre 1971 e 1975, e o seu pai, Manel Fernández Anidos, tamén militou no filial e posteriormente no primeiro equipo na tempada 1993-94. Fernández Amado foi un histórico con 114 partidos e 4 goles no club vigués. Despois xogaría no Español e no Castellón antes de volver ao Rácing. O seu pai, Manel Fernández Anidos, tivo boas temporadas no filial, pero no primeiro equipo non conseguiu estabilizarse. Xogou 4 partidos de Copa e un de Liga.

Claudio Giráldez engade así un novo canteirán ao seu cadro de xogadores, no que xa a metade dos seus integrantes pasaron polo fútbol base celeste.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar